La Inspección de Educación y el artículo 27.8 de la Constitución Española
O MEFP publicou o libro » La Inspección de Educación y el artículo 27.8 de la Constitución Española» cuxo autor é o inspector e profesor universitario, especializado en temas da inspección educativa, D. Elias Rámirez Aisa, a quen felicitamos por esta obra. O libro expón a reflexión sobre o artigo constitucional que se constitúe en marco regulador, fundamento e fonte da actividade inspectora no ámbito educativo.
El derecho a la educación y la libertad de cátedra en el ámbito no universitario
Artículo de Yolanda Cadórniga Díaz e José María Alén de la Torre, Inspectores de educación, Supervisión 21 – Nº 61 – Julio 2021: El derecho a la educación y la libertad de cátedra en el ámbito no universitario
RESUMO
Os autores, inspectores de educación, analizan, desde o punto de vista técnico, a aplicación da liberdade de cátedra no ensino non universitario. Parten do desenvolvemento deste dereito do docente, recoñecido na Constitución Española, que foi configurando a xurisprudencia, dando contido á liberdade de cátedra no ámbito non universitario, tanto en centros públicos como privados. Para tratar de definir o contido positivo da liberdade de cátedra, partindo dos límites en función da etapa educativa e madurez dos estudantes, toman como referencia este desenvolvemento xurisprudencial. A partir desta definición, propoñen unha serie de supostos prácticos, extraídos da realidade cotiá dos docentes e os centros. Conclúen coa aplicabilidade práctica da liberdade de cátedra no ámbito do ensino non universitario.
Diseñando un currículo para la enseñanza obligatoria a partir de las leyes educativas
RESUMO
Desde a publicación, o pasado 9 de agosto, das primeiras noticias sobre o novo currículo de primaria adaptado á LOMLOE son numerosos os medios e persoas de distintos ámbitos que expresaron a súa opinión sobre el. Gran parte destes comentarios centráronse no currículo de matemáticas de primaria, no que se introducen, por primeira vez, dúas competencias específicas de tipo socioemocional a alcanzar polo alumnado e un sentido socioemocional entre os saberes básicos a traballar. Máis aló das credenciais que estes medios e persoas teñen para valorar un currículo educativo, deixando entrever en moitos dos comentarios que fixeron unha lectura superficial, resulta necesario realizar unha análise técnica sobre este currículo, que presentamos neste artigo.
La autonomía escolar como elemento vertebrador de los Reglamentos Orgánicos de Centro
Artículo, nº 60 de abril 2021, Revista Supervisión 21 de Manuel Enrique Prado Cueva, Inspector de Educación: «La autonomía escolar como elemento vertebrador de los Reglamentos Orgánicos de Centro (ROC): https://usie.es/supervision21/la-autonomia-escolar-como-elemento-vertebrador-de-los-reglamentos-organicos-de-centro-roc/.
RESUMO
Neste traballo faise un repaso das formas normativas que presentan, no noso Estado autonómico, os contidos que comprenden os regulamentos orgánicos de centro ( ROC) e analízase o lugar que ocupa un ROC no sistema de fontes do dereito. Explícase a importancia da autonomía escolar como elemento vertebrador a ter presente para confeccionar ou modificar un ROC á vez que se analiza a perda de autonomía do director do centro na actual LOMLOE fronte á LOMCE.
La evaluación del alumnado después de Google
Artículo de José María Alén de la Torre, Inspector de Educación, Supervisión 21 – Nº 52 – Abril 2019: La evaluación del alumnado después de Google
RESUMO
El derecho a la educación en el artículo 27 de la Constitución española: la educación diferenciada por sexos.

CINCO INSPECTORES DE EDUCACIÓN ANALIZAN CINCO ASPECTOS DE LA LOMLOE
Coordinadora Yolanda Cadórniga Díaz: Inspectora de Educación. Ourense.
Coordinador José Fernández Fernández: Inspector de Educación. Ourense.
José Pedro Morais Gallego: Inspector de Educación. Ourense
José María Alén de la Torre: Inspector de Educación. Pontevedra
Santiago Sobrino Josenje: Inspector de Educación. Ferrol
ART-SUPER-21-No-60-ABRIL-21-COMPARATIVA-LOMLOE-GALICIA
Resumo
Cada un dos autores, inspectores de educación, esboza unha análise crítica dun aspecto concreto do sistema educativo no que incide a recentemente aprobada LOMLOE, coa intención de ofrecer unha visión técnica, deixando exposta a cuestión ao avisado e desocupado lector.