Actividade formativa organizada por USIE e certificada polo INTEF do Ministerio de Educación y Formación Profesional. 20 horas, 2 créditos. Tema: Inspección  de educación y equidad, incluíndo aspectos  do novo currículo, a formación profesional e a LOMLOE

Artículo de José María Alén de la Torre, Inspector de Educación: «DISEÑANDO UN CURRÍCULO PARA LA ENSEÑANZA OBLIGATORIA A PARTIR DE LAS LEYES EDUCATIVAS» (Acceso ao artigo: ART-SUPER-21-OCTUBRE-21-No-62-DISEÑANDO-UN-CURRÍCULO-JA-ALEN-GALICIA).

RESUMO
Desde a publicación, o pasado 9 de agosto, das primeiras noticias sobre o novo currículo de primaria adaptado á LOMLOE son numerosos os medios e persoas de distintos ámbitos que expresaron a súa opinión sobre el. Gran parte destes comentarios centráronse no currículo de matemáticas de primaria, no que se introducen, por primeira vez, dúas competencias específicas de tipo socioemocional a alcanzar polo alumnado e un sentido socioemocional entre os saberes básicos a traballar. Máis aló das credenciais que estes medios e persoas teñen para valorar un currículo educativo, deixando entrever en moitos dos comentarios que fixeron unha lectura superficial, resulta necesario realizar unha análise técnica sobre este currículo, que presentamos neste artigo.