NOVA ESTRUTURA DA CONSELLERÍA

Nova estrutura da Consellería: DECRETO 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Artigo 12.2. A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. Baixo a súa dirección e dependencia directa, a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para o cumprimento das competencias e funcións encomendadas
contará cos seguintes órganos:

  1. Subdirección Xeral de Innovación, Orientación e Formación dos Recursos Humanos.
  2. Subdirección Xeral de Formación Profesional.
  3. Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.
  4. Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
  5. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humano

Intégranse na Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, dependendo directamente da persoa titular da Secretaría, as seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

3.1. Servizo de Apoio Económico.
3.2. Servizo de Xestión de Procesos de Calidade.

Artigo 16. Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
Baixo a súa dirección, e para o cumprimento das funcións encomendadas, a Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

1. Servizo de Ordenación Educativa.
2. Servizo de Planificación e Coordinación da Inspección Educativa.
3. Servizo de Avaliación do Sistema Educativo.

Artigo 17. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Baixo a súa dependencia, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para o cumprimento das competencias e funcións encomendadas, contará cos seguintes órganos:

1. Subdirección Xeral de Centros.
2. Subdirección Xeral de Recursos Humanos.

Etiquetas