LICEO de OURENSE 7 de MARZO 2020
Comité Organizador da I Xornada Formativa USIE Galicia.
RESUMO
O 7 de marzo de 2020, tivo lugar no salón de actos do Liceo de Ourense a I Xornada de Formación da Inspección de Educación en Galicia, organizada por USIE-GALICIA, baixo o título: A Inspección e a innovación en educación. Contou con asistentes do colectivo de inspección e profesorado, que reflexionaron sobre o papel da inspección na transformación educativa nos centros docentes da comunidade.
A Xornada foi inaugurada polo presidente de USIE, Jesús Marrodán Gironés e polo presidente e vicepresidente de USIE-GALICIA, Antonio Estévez Rodríguez e Enrique Prado Cueva. Comezou cunha proposta, O plan de igualdade, da teoría á praxe, a cargo de Mónica María Martínez Baleirón, asesora de igualdade da Consellería de Educación da comunidade de Galicia e de José María Alén de la Torre, inspector de educación. O resto da mañá, os directores Paulo Nogueira Porto -director do CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas, Pontevedra- e César Fernández Riádigos -director do IES de Meaño, Pontevedra- reflexionaron sobre A transformación da educación e o tránsito entre etapas.
Pola tarde tivo lugar unha mesa redonda, Experiencias en innovación educativa, moderada por Roberto Cid Galante, inspector de educación, coa participación de Xavier Pérez Gallego -director do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, Ourense-, Lourdes González Sotelo -directora do CPI Poeta Uxío Novoneyra, Folgoso do Courel, Lugo- e Francisco Trashorras Lodos -director del CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, Navia de Suarna, Lugo-. A Xornada consolidou un foro de encontro entre profesorado, equipos directivos e inspección, coa temática centrada na transformación da educación, as súas realidades, retos e oportunidades.
O día 7 de marzo de 2020, no salón de actos do Liceo de Ourense, USIE-GALICIA, único sindicato profesional de inspección de educación da comunidade autónoma de Galicia, organizou a I Xornada de Formación da Inspección de Educación en Galicia. A Xornada presentouse co título: A Inspección e a innovación en educación. Contou con participantes do colectivo de inspección e do profesorado, que reflexionaron conxuntamente sobre os retos, oportunidades e dificultades da transformación do ensino, dende o plan de igualdade dos centros docentes á innovación e transformación nos centros rurais, pasando pola transformación do ensino ao longo de todas as etapas, desde infantil á secundaria.
O obxectivo da xornada foi a reflexión conxunta sobre os retos, oportunidades e dificultades da transformación e innovación no ensino non universitario, aportando o punto de vista do papel da inspección, no acompañamento, asesoría e supervisión do inxente traballo emprendido polos docentes e equipos directivos, verdadeiros protagonistas -xunto cas familias-, da transformación dos centros.
Inauguraron a Xornada o presidente de USIE, Jesús Marrodán Gironés, o presidente de USIE GALICIA Antonio Estévez Rodríguez e o vicepresidente de USIE GALICIA, Enrique Prado Cueva.
A primeira proposta, O plan de igualdade, da teoría á praxe, foi conducida por Mónica María Martínez Baleirón, asesora de igualdade da Consellería de Educación da comunidade de Galicia e por José María Alén de la Torre, inspector de educación. Esta proposta cara a un plan de igualdade real e con impacto nos centros docentes, suscitou interese no público, que participou nun pequeno intercambio posterior. Fixo a presentación o inspector de educación, Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete.
A segunda proposta, A transformación da educación e o tránsito entre etapas, foi conducida polos directores Paulo Nogueira Porto -director do CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas, Pontevedra- e César Fernández Riádigos -director do IES de Meaño, Pontevedra-. Abordaron os mecanismos para dar continuidade aos proxectos iniciados na primaria no momento do paso á secundaria. Fixo a presentación a inspectora de educación, María Adoración de la Fuente Fernández.
Pola tarde, o inspector de educación, Roberto Cid Galante, presentou e moderou a mesa redonda, Experiencias en innovación educativa, coa participación de Xavier Pérez Gallego -director do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, Ourense-, Lourdes González Sotelo -directora do CPI Poeta Uxío Novoneyra, Folgoso do Courel, Lugo- e Francisco Trashorras Lodos, director do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, Navia de Suarna, Lugo-. Tratábase de visualizar os retos da innovación e transformación do ensino nos centros rurais, con pouco alumnado e medios, facendo, por veces, o que un asistente cualificou, no debate posterior, como “ensino heroico”. Intercambiáronse experiencias, reflexionouse sobre o camiño percorrido polos centros, os retos de presente e de futuro, así como as dificultades no camiño emprendido. O moderador propuxo o debate sobre o papel da inspección neste reto. A Xornada consolidou un foro de encontro entre equipos directivos, docentes e inspección, coa temática centrada na transformación do ensino, as súas realidades, retos e oportunidades.
A Xornada certificase con 8 horas de formación, homologadas por la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
A clausura correu a cargo do Presidente de USIE, Jesús Marrodán Gironés, que salientou o interese suscitado polas Xornadas, agradeceu a súa participación a poñentes e asistentes e subliñou a necesidade duna inspección de educación técnica e independente.