Malestar por algunhas das instruccións de inicio do curso 2021-22

A continuación reproducimos a carta enviada a Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo para deixar constancia do malestar do colectivo de Inspectores e Inspectoras polo modo no que se trasladaron as instrución para a aplicación da Resolución do 17 de xuño para o inicio do curso 2021/2022, no que atinxe especialmente ao número mínimo de alumnos e alumnas nas materias troncais de opción.


USIE-Galicia manifesta o seu malestar polo modo no que se trasladaron as instrucións
para a aplicación da Resolución do 17 de xuño para o inicio do curso 2021/2022, no
que atinxe especialmente ao número mínimo de alumnos e alumnas nas materias
troncais de opción.


A Consellería insistiu no cumprimento estrito e literal do disposto na Resolución do 17
de xuño, de xeito que en ningún caso debería impartirse unha materia troncal de
opción con menos de cinco alumnos e alumnas. Así mesmo, deuse instrución ao
servizo de inspección para que informara aos centros e familias como únicas posibles
opcións para o alumnado, o ben a matriculación nun centro próximo, o ben cursar a
distancia no IES San Clemente. A Consellería insistiu no cumprimento estrito deste
número de alumnos incluso nos casos nos que os centros educativos contaban con
profesorado para impartir estas materias.


Obviamente non se calcularon as consecuencias desta decisión (para o alumnado, as
familias o profesorado e as dirección dos IES), o que explica que, in extremis, fora
modificada o día 15 de setembro (día de comezo das clases en secundaria e con
todos os horarios dos centros confeccionados) comunicando que, aínda con menos de
cinco alumnos, sería posible impartir esas materias.


Esta nova “instrución” xerou un manifesto malestar na Inspección Educativa que
estivera a dar continuados requirimentos, desde xa antes de comezar as vacacións de
verán e ata o mesmo día 15, para que se cumprise a ratio mínima antes sinalada.
Moitos equipos directivos viron como a oferta educativa que xa tiñan confeccionada,
cumprindo as instrucións dadas ata o momento, víñase abaixo, tendo que improvisar
unha nova oferta, moito máis razoable, pero sen apenas tempo.


Solicitamos que para o próximo curso se atenda ás realidades dos centros educativos
e que as Instrucións para a planificación do curso sexan dadas coa suficiente
antelación e sobre todo cunhas directrices claras que non muden con posterioridade
ao traballo xa realizado dende a Inspección Educativa e dende os centros educativos,
pois iso dana a imaxe da Inspección e da propia Consellería de Educación,
aparentando improvisación e falta de criterio.
Un cordial saúdo.

A executiva de USIE Galicia.

Na defensa dunha Inspección Educativa independiente

Por medio destas dúas cartas USIE-Galicia fixo un chamamento ás asociacións profesionais de inspectores, aos sindicatos docentes e da función pública e á sociedade no seu conxunto para que apoie esta iniciativa e se logre reverter este despropósito que atenta contra a necesaria independencia da Inspección Educativa.

Tras o envío de ambas as cartas por parte de USIE-Galicia a Consellería reaccionou dando o seu respaldo ás nosas reivindicacións.

Faro de Vigo (26·11·20 ): https://www.farodevigo.es/galicia/2020/11/26/educacion-advierte-ley-celaa-rompe-25605349.html.

Educación advierte de que la ley Celaá rompe con la imparcialidad en la elección de los inspectores.

Román Rodríguez, ayer, con inspectores educativos.   | // XOÁN ÁLVAREZ

La Xunta ha abierto otro frente de discordancia con la nueva ley de educación conocida como ley Celaá. En este caso es por el sistema de elección de los inspectores. El conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, advirtió que la norma es partidista y “rompe con la imparcialidad en su elección” al eliminar la fase de oposiciones para el acceso al cuerpo e introducir un modelo de “elección a dedo” por parte de la Administración.

Así lo enfatizó tras reunirse, ayer, con representantes del cuerpo de inspectores de educación de Galicia, a los que considera “la clave de bóveda” de la innovación del sistema educativo gallego.

https://usie.es/galicia/reaccion-da-conselleira-a-carta-enviada-por-usie-galicia-na-defensa-das-nosas-reivindicacions-profesionais/

Reivindicacións de USIE-Galicia durante a pandemia

Durante a pandemia USIE-Galicia reivindicou ante a Consellería un papel máis activo da Inspección Educativa e unha mellora nos canles de comunicación coa Consellería. (Acceso ao ocumento: Escrito a Conselleira Educación)

Sra. Conselleira,
A Unión Sindical de Inspectores de Educación USIE-GALICIA, único sindicato
profesional da inspección de educación, coa finalidade de ofrecer un bo servizo a
comunidade educativa con eficacia e ante o malestar pola xestión durante o COVID
trasladámoslle as seguintes CONSIDERACIÓNS:

1.- O día 9 de maio publícase no DOG a Resolución do 8 de maio de 2020, da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8
de maio de 2020, polo que se aproba o Protocolo polo que se establecen a
reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de
prevención fronte ao COVID-19 (DOG núm. 89, do 9 de maio). O ámbito de
aplicación indica que as previsións contidas no presente protocolo resultarán de
aplicación a todo o persoal empregado público en todos os sectores administrativos
e funcionais da Xunta de Galicia, agás no ámbito educativo, sanitario e
sociosanitario. Esta resolución inclúe ao persoal funcionario da inspección
educativa, toda vez que non é persoal que teña o seu posto de traballo nos centros
educativos, é dicir, non é persoal educativo.
Posteriormente, na tarde do venres, 22 de maio de 2020, publícase no Portal
Educativo da Consellería de Educación a Resolución, asinada por vostede mesma
como conselleira de educación ás 17:36 horas, pola que se reinicia a actividade
lectiva presencial no curso 2019-2020, determínanse as instrucións para o que resta
do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura
parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da Consellería. Esta
resolución, que contempla o reinicio da actividade lectiva o luns, 25 de maio de
2020, no epígrafe 2.4 da instrución segunda “Determinacións para o profesorado
que retornará ao centro de xeito presencial” regula que “O persoal do corpo da
inspección educativa retornará a actividade presencial de conformidade con previsto
no protocolo de prevención”. Nesta ocasión ao corpo de inspección educativa si se
lle deu a consideración de pertencer ao ámbito educativo e tratouse coa mesma
consideración que o resto de profesorado.
Este dobre tratamento ao persoal do corpo de Inspectores de Educación repítese
con demasiada frecuencia. A Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o
réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as
ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG
núm. 30, do 15 de febreiro) e a Orde do 24 de febreiro de 2016 pola que se amplía
a Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas
e vacacións do persoal docente que imparte ensinanzas reguladas na Lei orgánica
2/2006 (DOG núm. 41, do 1 de marzo) regula os permisos, licenzas e vacacións do
persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3
de maio, de educación, ao servizo da Administración educativa da Xunta de Galicia.
Sen embargo decidiuse que os permisos do persoal do corpo da inspección
educativa tramitaríanse a través da aplicación Portax, equiparando “de facto” ao
persoal da inspección educativa co resto de funcionarios e funcionarias que
traballan no ámbito dos servizos administrativos da Xunta de Galicia.
Esta dualidade asimilando o corpo de inspección a un colectivo ou a outro segundo
o interese de cada momento crea incoherencias, contradicións e malestar en todo o
persoal da inspección educativa.

2.- Nos últimos anos observamos como dende a Consellería non se pon en valor o
traballo do persoal da inspección educativa, a acumulación de anos de experiencia
docente, a superación dunha unha segunda oposición, o dominio da lexislación
educativa para converterse no único persoal técnico coñecedor da realidade nos
centros, cos que esta en contacto a diario para supervisar, asesorar e avaliar.
Nestes anos a Consellería que vostede dirixe non solo non conta coa achega do
corpo de inspección educativa na toma de decisión para lexislar ou xestionar senón
que a ignora e anula incluso algunha das súas funcións como a do asesoramento.
Exemplo disto foi toda a xestión do período de confinamento no que vostede e o seu
equipo se reuniu semanalmente cos representantes da Xunta Autonómica de
Directores e ignorou totalmente ao corpo de inspectores. Con este proceder puxo
nunha situación moi difícil aos profesionais do Servizo de inspección educativa toda
vez que os centros recibiron con inmediatez un resumo, non oficial, de ditas
reunións co descoñecemento dos propios inspectores dos centros, que asesoran
tecnicamente e fundándose na normativa vixente e instrucións da Consellería,
creando un gran desconcerto. Por esta causa non sei garantiu o adecuado e
necesario asesoramento aos equipos directivos e ao conxunto da comunidade
educativa, dificultando así unha eficaz aplicación das normas e instrucións. Isto veu
ocorrendo cada vez que os órganos de goberno da Consellería reuníanse coa Xunta
Autonómica de Directores e Directoras.
Non acabamos de ver claro como este proceder pode encaixar nas funcións que ten
atribuídas a Xunta Autonómica de Directores e Directoras, isto é, asesorar e ser un
órgano consultivo para a toma de decisións da propia Consellería. Detúrpase así o
sentido propio do funcionamento deste órgano, e usase para daren instrucións aos
centros, deixando ao marxe á inspección educativa.
Algo similar ocorre con correos masivos remitidos aos centros dende a dirección
nonresponder@edu.xunta.gal, sen coñecemento da inspección e non asinados por
ninguén, e que o persoal dalgúns centros cuestionou como fraudulentos acudindo a
inspección educativa para darlle credibilidade.
En troques a Consellería utiliza o Servizo de Inspección Educativa para, dun xeito
precipitado, preguntar as direccións dos centros cantos alumnos accederon ao inicio
da xornada durante unha folga ou durante o estado de alarma. Isto supón relegar a
Inspección Educativa, un corpo técnico, como mero recolledor de datos para a
Subdirección Xeral correspondente, sen aportar valor engadido algún.
Tamén se reuniu vostede con ANPAS e sindicatos da función pública docente pero
excluíu en todo momento a este sindicato, que a pesares de non ter representación
na mesa sectorial si ten a porcentaxe máis alta en relación ao número de membros
do colectivo representado.

A pesares das queixas arriba indicadas é vontade deste colectivo técnico cooperar
na xestión e mellora da calidade educativa, por elo, a Unión Sindical de Inspectores
de Educación en Galicia (USIE Galicia) quere facer as seguintes DEMANDAS:

1. Reincorporación da Inspección educativa ao traballo presencial de maneira
uniforme e con regras claras, con iguais criterios para todas as sedes de inspección.

2. Realizar de realizar as modificacións normativas necesarias para recoñecer o
teletraballo para a Inspección de Educación á vez que se ha de quedar
regulado nos Plans de Inspección futuros para determinadas tarefas, e non
so nas situacións de pandemia.

3. Traslado a Inspección Educativa de toda a información ou instrucións
comunicadas a calquera colectivo da comunidade educativa como paso
previo para a súa difusión, implementación e supervisión. Deste xeito
evitaríase o malestar xerado nos centros e na inspección educativa.

Con estas consideracións e propostas, desde USIE GALICIA, queremos deixar
clara nosa disposición a colaborar coa Consellería, e ofertamos como corpo técnico
o participar en próximas reunións co fin de dar a mellor resposta posible á situación
actual e vindeiras.

 

Demandas de USIE-Galicia

(Acceso ao ocumento: Demandas á Consellería)

DEMANDAS USIE-GALICIA
Con data do 21 de febreiro de 2019, a Unión Sindical de Inspectores de Educación,
USIE-GALICIA, presentou escrito ante a Conselleira de Educación demandando
algunhas melloras relacionadas coa Inspección Educativa. Ante a falta de resposta
por parte da Consellería, con data de 8 de xullo, USIE-GALICIA reiterou algunhas
das demandas con escritos remitidos a Excma. Conselleira de Educación,
Universidade e FP, ao Director Xeral de Educación, F. PP e Innovación Educativa e
á Subdirectora Xeral e Inspección, Avaliación e Calidade.
Ante a falta de resposta algunha por parte da Consellería e a desatención das
demandas presentadas, os inspectores e inspectoras de USIE Galicia, acordaron na
reunión xeral anual, celebrada o 21 de novembro, reiterar as seguintes demandas:

1. Cobertura en caso de accidente. A Administración encomenda aos inspectores
e inspectoras de educación tarefas propias do posto de traballo que esixen o
desprazamento por estrada por razón de servizo, utilizando necesariamente os seus
vehículos particulares. Así o contemplaba a Orde do 15 de marzo de 2011, pola que
se convocaban axudas económicas para compensar gastos derivados dos
accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora. Dende o 2011
non se volveu a publicar convocatoria algunha con axudas económicas co fin de
compensar gastos derivados de accidentes de tráfico á inspección educativa, entre
outros colectivos. Por este motivo, USIE-GALICIA demanda a solución deste
baleiro, ben mediante publicación de convocatorias anuais, como se viña facendo,
ou ben a través dunha póliza de seguro que cubra especificamente os danos
propios ou de terceiros producidos ‘in itinere’ nos desprazamentos dos inspectores e
inspectoras.

2. Plan de Inspección. USIE-GALICIA demanda harmonizar e repensar as
actuacións do plan anual de inspección en busca dunha maior eficacia e valor
engadido á calidade do sistema educativo, así como unha maior adecuación á
xornada de traballo dos inspectores e inspectoras. Nos últimos anos os plans de
inspección son reiterativos con acumulación de accións de xeito censal, na maioría
dos casos, que esixen a supervisión da mesma documentación ano tras ano, incluso
en documentos que teñen unha validez plurianual, polo que xa non se aporta valor
engadido.
A acumulación de actuacións propicia que as accións dos inspectores/as teñan que
ser realizadas en modo express para poder cumprilas todas. Esta planificación
reiterativa, pero extensa, prexudica a presenza da inspección nos centros, a
supervisión e control, o asesoramento e a orientación directa.
A todo o anterior hai que engadir as actuacións incidentais, imprevisibles e
caracterizadas pola inmediatez, cada vez mais abundantes e que esixen mais
dedicación, requirindo unha actuación obrigatoria e resolutiva por parte da
inspección. Implicando en moitos casos a realización de informes para outras
instancias,
Por todo o anterior USIE-GALICIA demanda a elaboración dun Plan Plurianual de
Inspección Educativa, que gradúe as actuacións por un período de catro anos, sen
repeticións, e cunha asignación temporal suficiente para unha acción profunda por
parte dos inspectores que permita aportar un maior valor engadido aos centros.

3. Persoal administrativo e procedementos administrativos. Hai sedes de
inspección educativa, como as de Vigo e Lugo, nas que hai unha escaseza de
persoal administrativo para levar a diante o traballo requirido actualmente no servizo
o que supón unha mala atención aos cidadáns e que os inspectores e inspectoras
teñan que estar realizando traballo administrativo que non lles corresponde.
Ao anterior hai que engadir que dende a administración estase encargando ao
servizo de inspección labores de recadación de datos que deberían realizar os
distintos servizos, que non encaixan dentro da función inspectora e nos que a
intermediación da inspección non aporta ningún valor.

4. Actualización da normativa que regula a inspección de educación. O decreto
que regula a organización e o funcionamento da Inspección Educativa na
Comunidade Autónoma de Galicia, así como o procedemento de acceso ao corpo
de inspectores data no ano 2004 (Dto. 99/2004), ao igual que a Orde que o
desenvolve (13 de decembro). Tras 19 anos esta regulación quedou obsoleta e
necesita actualización –o que ocorre con outras moitas normas como os ROCs de
primaria e secundaria–. Xa non se axustan nin ao sistema nin as funcións actuais
da Inspección Educativa polo que solicitamos que se inicie un proceso
consensuado, co propio corpo de inspectores/as e coa participación deste sindicato,
para a actualización de dita normativa.

5. Formación específica para a inspección educativa. A inspección educativa ten
dentro das súas función a realización de informes específicos, actas, propostas,
estudos técnicos, ditames, etc, así como o asesoramento, control e supervisión
pedagóxica e organizativa dos centros educativas. Todas estas funcións requiren
unha formación continua e específica. Polo que USIE Galicia demanda que se faga
un plan de formación específica para a inspección educativa que esta organizada a
través da EGAP.

6. Instalacións adecuadas para Inspección. Nestes momentos Pontevedra é a
única sé de Inspección educativa, en toda Galicia, que carece de despachos para
cada un dos Inspectores. Pola natureza das funcións trátase con información
sensible (malos tratos, violencia de xénero, problemas familiares, datos que poden
identificar a un alumno ou alumna e/ou aos seus proxenitores e un amplo abano de
datos persoais, familiares, médicos, económicos e da esfera íntima das persoas que
os inspectores e inspectoras atenden a diario nos seus despachos), tanto en
entrevistas persoais coma na atención telefónica. De acordo coa LOPD débense
poñer os medios para evitar que as persoas alleas, accedan a dita información.
Polo exposto USIE-GALICIA demanda para a sede de Pontevedra despachos
pechados para todos os inspectores e inspectoras.

7. Representación da Inspección Educativa no órganos de organización e
supervisión do sistema educativo. A Inspección Educativa ten como unha das
principais funcións a de asesorar e supervisar o sistema educativo. 
demanda que a Inspección Educativa teña representación nos distintos órganos ou
foros nos que se establece e supervisa as propias accións e políticas educativas.
No Consello Escolar de Galicia están representados os sectores afectados:
Profesorado, Nais/Pais, Alumnado, Persoal de Administración e Servizos, Titulares
dos centros privados, Centrais Sindicais, Organizacións Empresariais,
Administracións locais, Universidade, … A falta de representantes da Inspección
Educativa deixa este órgano sen un dos mais importantes axentes do sistema
educativo e que mais pode aportar pola súa visión global do sistema e todos os seu
participantes.

8. Inspección universitaria. Tanto a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema
universitario de Galicia como o Decreto 36/2016, do 23 de marzo, polo que se
regula a inspección no ámbito universitario na Comunidade Autónoma de Galicia
establecen que “O equipo de inspección universitaria estará integrado por persoal
funcionario de carreira pertencente aos grupos A1 e A2, dependente da consellería
competente en materia universitaria”.

USIE-GALICIA demanda que dita función sexa realizada polo corpo de inspectores
de educación, como xa fan outras comunidades.

O 14 de decembro de 2018 comezou a nosa andaina como sindicato

O 14 de decembro de 2018 comezou a nosa andaina como sindicato, chea de ilusión e boas expectativas. Achegamos a convocatoria que o presidente do sindicato USIE-Galicia, Antonio Estévez, fixo para a súa constitución, enviada a todos os que formabamos naquel entonces parte do sindicato. Hoxe somos moitos más pero cheos igualmente da mesma ilusión por mellorar día a día as nosas condicións de traballo.

O 7 de marzo de 2019 fomos recibidos polo anterior equipo da Consellería de Educación, a Conselleira, Carmen Pomar, e o Director Xeral de Centros e Recuros Humanos, José Manuel Pinal. Nunha conversación que transcorreu con cordialidade puidemos presentar o noso sindicato e as nosas reivindicacións. Previamente tivemos o 21 de febreiro unha reunión co anterior Director Xeral, Manuel Corredoira e a Subdirectora Xeral de Inspección, Carmen Cimadevila.

Na nosa acción sindical ten moi presente a defensa do noso traballo ante os ataques inxustificados e indiscriminados dalgúns colectivos. O Diario de Pontevedra tivo a ben publicar a nosa nota de prensa co motivo duhna información de axencia do sindicato CIG. Dita información aparecera tamén no Faro de Vigo, con todo este xornal vigués non recolleu nin publicó a resposta enviada ao periódico por USIE-Galicia, o que lamentamos dende o sindicato.