Actividade formativa organizada por USIE e certificada polo INTEF do Ministerio de Educación y Formación Profesional. 20 horas, 2 créditos. Tema: Inspección de educación y equidad, incluíndo aspectos do novo currículo, a formación profesional e a LOMLOE
RESUMO
Desde a publicación, o pasado 9 de agosto, das primeiras noticias sobre o novo currículo de primaria adaptado á LOMLOE son numerosos os medios e persoas de distintos ámbitos que expresaron a súa opinión sobre el. Gran parte destes comentarios centráronse no currículo de matemáticas de primaria, no que se introducen, por primeira vez, dúas competencias específicas de tipo socioemocional a alcanzar polo alumnado e un sentido socioemocional entre os saberes básicos a traballar. Máis aló das credenciais que estes medios e persoas teñen para valorar un currículo educativo, deixando entrever en moitos dos comentarios que fixeron unha lectura superficial, resulta necesario realizar unha análise técnica sobre este currículo, que presentamos neste artigo.