A Unión Sindical de Inspectores de Educación, USIE, é o único sindicato profesional corporativo dos inspectores e inspectoras de educación. Este sindicato estatal, cunha traxectoria de moitos anos, ofrece aos seus afiliados e afiliadas: asesoramento profesional, defensa xurídica, información e formación específica (presencial e a distancia). No convencemento de que a Inspección Educativa contribúe a garantir os dereitos dos cidadáns e á mellora do sistema educativo no seu conxunto.

O 30 de novembro do 2018 creouse a Executiva Autonómica de USIE GALICIA. Nesa primeira asemblea elixíronse os cargos directivos e marcáronse as liñas xerais de actuación. Na actualidade contamos cunha representación de afiliados, afiliadas e colaboradores moi representativa nas catro provincias.

A nosa vocación é a de traballar en prol da Inspección Educativa e contribuír a que o sistema educativo cumpra os seus fins e estea realmente ao servizo da cidadanía nun marco de convivencia onde primen a equidade e a liberdade, a legalidade e o ben común.

Coa implantación desta páxina web pretendemos dar visibilidade as nosas actividades no ámbito da comunidade galega e poñemos a vosa disposición o correo electrónico galicia@usie.es para recoller as vosas achegas, así como calquera aclaración ou consulta que desexes facernos.

No ámbito educativo estamos a vivir tempos complicados que requiren da unión sindical para que todos xuntos e xuntas podamos afrontar os retos que se nos presenta. Temos que sumar en beneficio de todos e todas no que máis nos une, o noso traballo e a nosa vocación de servizo á comunidade educativa, polo que animamos a todos os inspectores e inspectoras a afiliarse e participar nesta labor.

Un cordial saúdo.

COMITÉ EXECUTIVO USIE GALICIA

PRESIDENTE:              Antonio Estévez Rodríguez                  

VICEPRESIDENTE:      M. Enrique Prado Cueva

SECRETARIA:              Yolanda Cadórniga Díaz

COORDINADOR PONTEVEDRA:         José Mª Alén de la Torre

COORDINADOR ORENSE:                  Judith Fernández Novoa

COORDINADOR CORUÑA:                  Adrián Fernández Martín

COORDINADOR LUGO:                       Branca Nazaré Guerreiro Muñoz